Testemuñas do fútbol afeccionado na zona de Boiro nos anos 50 e 60, onde os partidos organizados durante o verán contra equipos de sona do panorama galego e mesmo foráneos movían a unha grande cantidade de seareiros e de xogadores locais, mesmo doutros planteis dos campionatos rexionais. Ademáis, céntrase nas orixes do fútbol federado boirense a través do paso do Barraña Fútbol Club polos Campionatos das Rías Baixas e na Serie A, así coma no papel que tivo o fútbol afeccionado e os membros de Acción Católica no xerme do actual Club Deportivo Boiro.