Entrevista feita a Julio Yedra-Pimentel, aborda a súa traxectoria política nos anos da transición, especialmente no que atende a súa alcaldía no 83 no concello de Carballedo. Desta forma, aborda cuestións como o seu camiño político dentro da UCD, a integración socio-profesional do partido en Carballedo, o recordo das eleccións, etc. Un elemento que tamén se aborda é a propia política presente no goberno, é dicir, aquelas primeiras accións as que se dedicou no mandato. Así mesmo, menciónanse as relacións e contactos con outras localidades próximas, por exemplo Chantada, e coa deputación de Lugo. Sucesos que teñen importancia na entrevista son o caso da conflitividade agraria destes anos e a implicación da Cámara Agraria nesta, ou o conflito na localidade pola capitalidade con Castro.