Entrevista feita a Afonso Eiré López, aborda a súa traxectoria política na UPG durante os anos da transición e a súa participación nos Comités de Apoio á Loita Labrega en Chantada, dende os seus inicios, de como se introduciu no mundo da política, ata a súa implicación en fenómenos como as mobilizacións agrarias (por exemplo, as tractoradas). Así mesmo, sinala a inserción social dos integrantes da UPG e as relacións con outras forzas políticas na contorna de Chantada. Ao que se une o análise das comisións labregas, as súas mobilizacións e a súa organización, xunto co que supuxo a súa legalización. Aborda, ademais, as razóns que se encontran detrás da non correlación entre a gran participación nas mobilizacións e o resultados nas eleccións; a acción caciquil e a coacción política aos labregos na zona.