Entrevista nº 2600

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Entrevista feita a Javier García Soto, militante do PSP en Cangas do Morrazo. Aborda os anos da transición onde militou no partido e dentro deste aspectos como as razóns polas cales se introduciu en política, cales eran as relacións con outras forzas políticas en Cangas (boa relación co PCE e mala cos nacionalistas), as persoas de Cangas que militaban ou sentían afinidade polo PSP. Así mesmo, fala das relacións de Cangas con Pontevedra, as súas accións (pintadas), en xeral, como se viviu a política nestes anos na contorna ou episodios destacables como a morte de Franco, a legalización do partido ou os resultados electorais.