Un home fala da situación do club de fútbol de Boiro, o Barraña, desde o 1954 e ata os anos 60. Fala de moitos detalles da época: as fichaxes do equipo, as melloras no campo de xogo, a rivalidade co equipo da Puebla, a refundación do equipo como Club de Acción Católica despois de 1964, etc. Tamén conta unha anécdota dunha viaxe que o equipo fixo en barco para xogar un partido contra o Vilagarcía, arredor de 1957, no que á volta tiveron que atracar na costa antes de chegar a Boiro por mor dunha tormenta.