Entrevista nº 2604

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Un home expón a historia do primeiro equipo de fútbol do Barraña, fundando no 1922, e da evolución xeral do deporte na zona de Boiro ata o 1945. Fala de varios xogadores e dos rivais do club ata a súa disolución nalgún momento da segunda metade dos anos 20, cando marcharon do equipo os irmáns Fajardo. Sinala que os membros restantes formaron dous clubs: El Pueblo Gallego, que seguiu no campo do Barraña, e El Sansón que tiña o campo en Rego de Mil. Tamén menciona a outros equipos na época da Segunda República, como o Rápido Obrero, e os posibles vínculos políticos que estes tiñan, ata que a Guerra Civil interrumpe durante case unha década o deporte local.