Entrevista nº 2605

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Un garda civil que serviu en Boiro e en Noia fala do seu paso por varios equipos de fútbol da zona durante a década dos 40. No 1944 atopábase en Noia cando lle convidan a formar parte do equipo local e disputou un amistoso co Deportivo da Coruña arredor destas mesmas datas. Máis adiante foi destinado a Coruña e despois a Carballo, onde tamén xogou no Bergantiños. No 1951 abandona a Garda Civil e marcha a traballar ás minas de Silleda e no 1955 aséntase definitivamente coa súa familia en Boiro. Alí forma parte da comisión das festas locais, mantendo bastante contacto cos equipos do Barraña e o Amanecida polo menos ata a década dos 60.