Un home fala do fútbol da zona de Boiro entre os anos 20 e comezos dos 50. Lembra ao equipo do Barraña fundado no 1922 e como trala clausura do club no 1927 os seus xogadores reorganizáronse arredor de 1929 en dúas novas formacións: o novo Barraña da Tenencia (ás veces chamado El Pueblo Gallego pola prensa) e o Sansón de Cimadevila. Trala Guerra Civil o fútbol local queda nas mans da Falange e non se revitaliza ata 1949 coa chegada do adestrador Benjamín Fajardo e a refundación do Barraña que disputa os seus primeiros partidos do campionato das Rías Baixas arredor de 1954.