Dous homes intercambian impresións do fútbol local de Boiro nos anos 50 e 60. Falan das visitas de varios equipos para botar partidos amistosos co local do Barraña, como o Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña e algunhas formacións portuguesas. Tamén falan dos campionatos das Rías Baixas e dos principais rivais do Barraña, da federalización do equipo na serie A e a súa refundación como o Boiro no 1966.