Testemuño sobre o fútbol en Boiro durante os anos 20 e 30. Fálase do equipo do Barraña fundado en 1922, da súa refundación como o Sansón e da súa rivalidade co club El Pueblo Gallego. Menciona a varias persoas destacadas no Barraña e no Sansón, como os irmáns José e Antonio Crusat, Arturo Noal, Pepe “Barbarroja” do Lodeiro e os irmáns Manuel, Saturnino e Benjamín Fajardo.