Testemuño sobre as elites e clases potentadas de Boiro nos anos 20 e 30. Fálase da súa aliñación entre liberais e conservadores. Formaban parte dos primeiros o cacique José María Gómez Gorordo, o secretario do Concello Ramón Dios Rivademar, o alcalde Javier Lago Briones e o sacerdote Manuel Noal, mentres que nos segundos atopábanse Bernardino López, Jesús Vázquez Rodríguez e Guillermo Torrado Jáudenes, quen tamén foi alcalde. Fálase da súa rivalidade, en especial polo control do Sindicato Agrícola Católico, dos seus hábitos de ocio ("guateques", cine mudo, teatro, primeiros coches, etc.) e do seu desenlace coa represión da Guerra Civil. Tamén se mencionan outros entretementos da xente común (fiadas, bolos, etc.).