Testemuño sobre o fútbol en Boiro nos anos 50 e 60. Fálase da chegada de Benjamín Fajardo para adestrar ao club do Barraña arredor de 1948, da súa participación na copa Francisco Rodríguez e no campionato das Rías Baixas e do ascenso á serie A. Tamén se menciona ao seu filial xuvenil, o Suevia, e profundízase na rivalidade do equipo con outros clubs da zona, especialmente co Riberia e co Puebla.