Entrevista nº 2618

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Testemuño de dúas personas sobre Jesús Vázquez Rodríguez, quen fora membro do Partido Conservador nos anos finais da Restauración e un dos personaxes máis relevantes na vida política de Boiro. Nado en 1888, Jesús fundou xunto co médico Benigno López e Juan José Lojo o Sindicato Agrícola Católico de Santa Eulalia de Boiro. En 1923, Jesús incorpórase ao goberno municipal tralo triunfo do golpe de Primo de Rivera, pero as súas discrepancias con outros conservadores (en especial co alcalde Guillermo Torrado) farán que se achegue paulatinamente ao republicanismo moderado, aínda que se dubida se por convicción ou por arribismo político trala chegada da Segunda República.