Entrevista nº 2619

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Testemuño dunha muller sobre a súa infancia e xuventude no Boiro dos anos 10 e 20. Aos 18 anos comeza a traballar de criada e cociñeira para Manuel Romero Fernández, cuñado do médico e cacique local José María Gómez Gorordo, na súa vivenda en Vigo. Tamén fala da tensión política dos anos da Segunda República e dalgúns dos seus hitos en Boiro, como o suicidio de Gorordo supostamente motivado polas ameazas recibidas desde as organizacicións de esquerda ou a inmediata represión tralo golpe de Estado de 1936 e os intentos de resistencia na vila.