Testemuño dun concelleiro de Boiro sobre o preámbulo da Guerra Civil na vila. Fala de varios incidentes que sucederon durante as eleccións de 1936 protagonizados por membros da Falange e dirixidos por José Concheiro García, como o levantamento da mesa electoral da parroquia de Cures ou o tiroteo contra o local do sindicato La Fraternidad. Tamén fala do seu paso por un batallón de castigo durante a guerra e a súa posterior estancia nun campo de concentración ata 1941 ou 1942, cando volta a Boiro.