Testemuño sobre a vida política no Boiro da Segunda República. Fala da repetición das eleccións municipais de 1931, do seu primeiro alcalde Arturo Sieira e do arribismo dos membros do seu goberno, a maioría procedentes dos antigos partidos Liberal e Conservador. Trala dimisión de Sieira a finais de 1931, ocupa a alcaldía Benito Calo, tamén vinculado ao caciquismo da zona. Nesta época varias forzas de esquerda organizan o sindicato La Fraternidad, que sería o principal apoio para a chegada do Frente Popular ao goberno municipal en 1936.