Testemuño dun concelleiro de Boiro sobre a vida política durante a Segunda República. Fala do rebentón das urnas nas eleccións de 1933 por parte de grupos de esquerda en varios puntos da localidade (Cures, Saltiño, Cabo de Cruz e Cespón) e dirixidos por Juan “Chono” Somoza, un feito que xunto coa revolución de Asturias de 1934 xustificaría a represión contra varias organizacións obreiras da vila, en especial La Fraternidad e o Centro Obrero de Escarabote. Tamén fala dos acontementos do golpe de Estado de 1936, dos intentos de resistencia e da represión instigada polo falanxista José Concheiro García e o sacerdote Clemente Moreira. Finalmente, explica a súas experiencias mentres estivo destinado nun batallón disciplinario durante a guerra na fronte de Aragón e, ao remate desta, nun campo de concentración, ata o seu regreso a Boiro en 1941.