Entrevista nº 2627

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Testemuño sobre a vida política de Boiro durante os anos 30. Fálase do papel de varios sindicatos obreiros da zona, como La Fraternidad e El Comité, das folgas e dos enfrontamentos cos patróns e outras organizacións, como a Juventud Católica, amais dos incidentes nas eleccións de 1933 e o encarceramanto do socialista Juan “Chono” Somoza tras este suceso. Tamén se fala da represión inmediata ao golpe de Estado de 1936 e da vida cotiá e do ocio na vila durante estes anos.