Testemuño sobre a vida política de Boiro nos anos 30. Fálase dos intentos dos antigos caciques (José María Gómez Gorordo e Benigno López) por influir na nova sociedade civil da Segunda República, do sindicato La Fraternidad, dos incidentes nas eleccións de 1933 e da vitoria do Frente Popular nos comicios de 1936 con Juan “Chono” Somoza encabezando a candidatura local.