Testemuña de Ramón Somoza sobre o seu pai, Juan “Chono” Somoza, quen fora alcalde de Boiro en 1936 polo Frente Popular. Durante o golpe de Estado de 1936 Juan Somoza atopábase en Madrid, onde loita na batalla da Ciudad Universitaria e acada o grao de comisario político. Ao rematar o conflito volta agochado a Boiro, onde consegue embarcar como polizón cara Buenos Aires. En 1944 reúnese con varios familiares tamén exiliados en Cuba, marchando todos despois a Panamá, Venezuela e finalmente a Arxentina en 1944.