Testemuña sobre a traxectoria vital de Juan “Chono” Somoza Rebollido, líder sindical e socialista que chegou a ser alcalde de Boiro en 1936 e que a casualidade fíxolle coincidir en Madrid durante o golpe militar dese ano, loitando no bando republicano ata o final da Guerra Civil e marchando posteriormente ao exilio en Arxentina e outros países americanos. Tamén se fai un repaso á vida política e social do Boiro daqueles anos e dalgúns dos seus personaxes máis relevantes.