Testemuña sobre a vida política e social no Boiro da Restauración e da Segunda República, na que se repasan varios feitos salientables, como: a rivalidade entre os Partidos Conservador e Liberal, a formación do primeiro goberno municipal na República, o xurdimento dos novos sindicatos, sendo o máis notable La Fraternidad, o paso das Misiones Pedagógicas pola vila, a organización das dereitas arredor da Igrexa e da Falange, a tensión da campaña electoral de 1936, etc.