A testemuña fala da súa participación co exército na toma de Boiro e Noia durante o golpe de 1936. Menciona o desenvolvemento do levantamento militar mentres servía no corpo de artillería en Santiago, de como as guarnicións e destacamentos foron mobilizados cara o Barbanza e dos episodios de resistencia que se atoparon no seu percorrido pola zona. Tamén fala da súa promoción durante a Guerra Civil, da súa participación na batalla de Brunete e do seu destino en Asturias como comandante da orde pública onde foi responsable, entre outras labores, da procura de combatentes e fuxidos.