Entrevista nº 31

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Galeguismo no franquismo. Recepción de libros galegos e correspondencia na posguerra dende América. Reunións clandestinas e actos públicos, a actividade cultural. Publicacións clandestinas e precarios xeitos de distribución. A imposibilidade das organizacións e os contactos persoais. A diáspora galega en América: Arxentina, Uruguay, México, Cuba, etc. Outros grupos antifranquistas; o galeguismo e a guerrilla. A figura de Castelao. Galeguismo na emigración arxentina. A Irmandade Nacionalista Galega e a revista "Terra". A Sociedade Nazonalista Pondal e o periodico "A Fouce". O arredismo. Outras organizacións galegas; a Federación de Sociedades Galegas; o Centro Galego. Evolución e experiencias no nacionalismo na Arxentina. Relación con institucións vascas ou catalanas en América.