Entrevista nº 32

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Traballador nun taller de ebanistería. Lembranzas da infancia e do ambiente político na Dictadura de Primo de Rivera. Actividade sindical. A proclamación da República. O ambiente político local. A sublevación militar, os últimos días da República no pobo. A actitude da alcaldía a prol da legalidade republicana e do orden público; as patrullas de obreiros. A chegada das tropas; primeiros fuxidos e paseos. As execucións do 10 de agosto, nas que se asasina a dous dos seus irmáns. Incorporado a filas pásase a zona republicana. A súa muller e a súa nai son detidas. Rematada a guerra pasa 4 anos no penal de Camposancos e no 45 é enviado a un Batallón disciplinario. Emigra dous anos a Venezuela coa intención de poder refacer a súa casa.