Entrevista nº 36

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Militante socialista, colaborou coas autoridades republicanas durante os primeiros días da sublevación militar en Vigo participando en episodios como a vixilancia a un enlace dos sublevados; a comunicación entre a tripulación fiel á República do buque Jaime I e o concello; o control da estación marítima; e o auxilio aos feridos da Porta do Sol trala lectura do bando militar. Na prisión de Vigo presencia a chegada constante de presos, moitos coñecidos, nos días seguintes. Dos 11 sometidos xuntos a consello de guerra soamente el salva a vida. Trasladado á illa de San Simón traballa dende o comenzo na administración da prisión. A vida na prisión, outros fusilamentos e paseos; as extorsións e abusos do director e o médico da prisión. No ano 37 é trasladado ó penal de Pamplona.