Entrevista nº 42

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Panadeiro de ideoloxía socialista e militancia sindical na CNT por obriga laboral. A organización da resistencia á sublevación en Tui con carabineiros e mariños; requisas e detencións. A fuxida ao monte e os primeiros mortos da represión. Foxe saltando en marcha da camioneta na que o levan a pasealo e agáchase primeiro na casa dunhas coñecidas e logo na propia casa construindo un pequeno escondite de madeira. 14 meses despois incorpórase a filas para fuxir da represión. Enferma gravemente ao chegar ó frente polo que pasa 12 meses nun hospital e finalmente é declarado inútil para o servicio e enviado a casa.