Traballador da fábrica de carburos en Cee e afiliado a UGT durante á República. O ambiente político durante a República; altercados e veracidade das acusacións posteriores na represión. A sublevación militar e a folga xeral. Chegada das tropas sen resistencia e primer morto na fuxida. Primeiras detencións, encarcelamentos en Corcubión e Coruña, xuizos e fusilamentos. El e outro amigo deciden non presentarse á chamada de recrutamento e botarse ao monte, onde pasarán 27 meses. Detallado relato da vida no monte; a excavación dunha cova; a alimentación, o tempo de "lecer", a relación co compañeiro; a roupa. Preséntase no 38 e é incorporado a filas, enferma e remata a guerra de asistente no hospital onde é enviado. As dificultades da posguerra.