A adicación profesional. A construcción en España de barcos para a II Guerra Mundial. As eleccións en Vigo en Febreiro de 1936. O incidente da casa do Coronel Cuervo. O inicio da sublevación en Vigo. Os paseos e fusilamentos na zona do matadeiro e o asasinato dalgúns da parroquia en Gondomar. A xente que ían buscar ás casas. A Falange. O corte de pelo ás mulleres. Os fuxidos. As vinganzas particulares. Os “cambios de camisa”. As noticias da guerra. Os tíos que foron a guerra, un dos cales estivo como prisioneiro. O intercambio de cartas das rapazas cos soldados na fronte. O traballo obrigatorio no aeroporto de Peinador. O campo como importante complemento ante o desabastecemento da posguerra. As cartillas de racionamento. Comentarios ante a mención de algún persoeiros coñecidos de Vigo. O “Rabioso” e o Teniente Salinas. Os negocios fundados en Vigo por non galegos. Felipe Sánchez.