Entrevista nº 445

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Mención ó seu traballo como empregado de almacén. O inicio da sublevación en Vigo. A Folga Xeral e a lectura do Bando na Porta do Sol. As barricadas e os tiroteos. Os paseos. Os “cambios de camisa”. A liorta do entrevistado cun falangista. O caso duns que foron asesinados por escoitar na radio unha emisora inglesa. O “Rabioso”. A noticia da incorporación a filas de fillos de estranxeiros nados en España e de fillo de Españois nados no extranxeiro. Visita o cónsul para conseguir a documentación necesaria para non ir a Guerra. Outros traballos nos que estivo empregado. Os fuxidos e o indulto do gobernador. As manifestacións polas victorias da Guerra. Escoitar a radio extranxeira para saber o que pasaba. A Falange. Os problemas de abastecemento na Guerra e Posguerra. Comentarios ante a mención de algún persoeiros coñecidos de Vigo. O desenmascaramento do negocio de Búa e Bustelo en San Simón. Mención dun médico de Arbo que mataron en San Simón. Os intentos de resistencia á sublevación. A conflictividade previa ó golpe. O envío de carne a Alemaña.