Entrevista nº 456

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Encarceramento e incautación do arado e do gando da súa casa no ano 1937. Os problemas de abastecemento durante a Posguerra. Os problemas para atopar traballo despois de estar no cárcere. A “Bolsa de traballo”. A filla que tivo no cárcere. As noticias sobre o inicio da sublevación. A quiema do chalet de Núñez. Os fuxidos. O seu marido que agochou a uns fuxidos e a denuncia pola cal os descubriron. O fusilamento de varios familiares. Encarcermento dunha prima e máis dela por estar embarazadas. A influencia dun obispo para que non a fusilaran. Os acontecementos da Porta do Sol no inicio da Sublevación. As eleccións de Febreiro de 1936. Mención o asesinato dun mestre. As noticias sobre o avance da contenda. O control da sociedade. Os “camisas novas”. O cura de Lavadores. As queimas de casas na zona de Lavadores. Comentarios ante a mención de algún persoeiros de Vigo. O indulto ós fuxidos que ofreceu o gobernador de Pontevedra. O caso duns que intentaron fuxir nun barco pero foron descubertos. Os falangistas que afogaron de camiño a San Simón.