Entrevista nº 479

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Fala da vida na fronte desde que foi recrutado: fame, frío, necesidade de durmir á intemperie, perigos, tipoloxía dos combates (guerra de trincheiras), baixas (na súa compañía poucas), etc. Após a Guerra volveu a Pontevedra. Describe a Posguerra coma unha época da fame e escaseza, provocada polo boicot internacional a Franco. Agradece aos arxentinos o envío de alimentos. Afirma que en Galiza non houbo Guerra (quedou enteira controlada polo bando sublevado) mais si represión (di que os republicanos fixeron o mesmo na zona que controlaban). Considera que a experiencia da Guerra Civil segue presente na memoria de moitos españois pola súa dureza.