Entrevista nº 482

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Os rexistros na casa coa escusa de buscar fuxidos, aínda que aproveitaban para roubarlle cousas. Os irmáns estaban fuxidos pero non na casa. Estiveron a piques de matar a seu irmán con 23 anos. Os rexistros seguiron arbitrariamente, incluso en Noiteboa. Purgaron con aceite de ricino e afeitaron a cabeza a outras rapazas, aínda que elas libráronse. Os asasinatos mais por vellas inquinas que por militancia política. Algunhas anécdotas da vida cotiá. Mais detalles sobre os rexistros na casa. Como se enteraron de que uns veciños as denunciaran para que lles cortaran o pelo. Os problemas económicos da casa para axudar aos irmáns cando estiveron presos.