Entrevista nº 49

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Fillo dun concelleiro socialista cando estalou a sublevación. Os comezos da República e a unión das esquerdas. Os sucesos do 34. o caciquismo. Os comezo da sublevación; os intentos por manter a República e a intervención da garda de asalto. A captura del con outros e a represión, con varias mortes. Para el pediron cadena perpetua pero no xuizo caéronlle 30 anos. Estivo catro anos preso na illa de San Simón e rematou dous anos nun batallón disciplinario en Canarias, nun campo de traballo. Tamén estivo en Marrocos. Tras traballar en Zeltia, rematou marchando a Brasil. Algunhas lembranzas de veciños e coñecidos.