Militante de Falange dende o ano 34 e dirixente do SEU. A anarquía da República: o marxismo; a persecución á Igrexa; o mal trato ao exército; a revolución de outubro do 34. O nacional sindicalismo como utopía. A unidade de España. A formación da Falange e as Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista. A Falange e o SEU en Ourense. Estudante de maxisterio e bolseiro. Os incidentes nun paro convocado polo SEU. A instrumentalización de Falange polo novo réxime. A visita de José Antonio a Galicia. Os mítines; enfrontamentos con grupos de esquerda e víctimas. Detido e condeado a mes e medio de prisión, volve a estar detido aos días do alzamento. Nos primeiros días da sublevación participa nunha acción en Allariz e logo incorpórase voluntario ó exército.