Alimentación. Lugares onde foi á sega (sempre en Castela a Nova) o 1º entrevistado e anos nos que foi segar. Postos que foi tendo nas distintas campañas de sega (atador, “media hoz”, “de igual”). Postos que 2º entrevistado foi tendo nas segas ( 2º ano trasmaioral). Foi ás segas a Castela e tamén a Lugo (diferenzas entre as condicións). O seu irmán tamén foi segador. Épocas do ano nas que se ía segar e medios de transporte (tren: lugares onde se collía, tempo do traxecto e custo). Cereais que se segaban. Horarios de traballo. Lugares onde se durmía durante as segas. Aparellos que levaban os segadores para traballar e labores que se facían (distintas atribucións segundo o posto que se ocupe na cuadrilla). Número de persoas que formaban as cuadrillas nas que foron os entrevistados (1º entrevistado: 9 persoas; 2º entrevistado: 120) e composición das mesmas (por idade: xente máis ben maior). A formación das cuadrillas. O posto de “burriqueiro”, de maioral e de maioral de varas (cuadrillas grandes). Explicación sobre como se fan algúns dos traballos da sega. Distribución da propiedade da terra en Castela. Relacións (boas) coa xente de Castela. Días de festa e descanso. Salarios (evolución e diferenzas entre as distintas campañas) e reparto entre distintos os temporeiros. Diferenzas entre os segadores galegos e os casteláns. Cousas que se mercaban e traían de volta das segas. Descricións dos atillos. Costumes existentes entre os segadores. Cantidade de cereal segado por traballador. Os antigos segadores ían segar a pé e levaban xamóns para vender. Accidentes laborais. Influencia da mecanización do agro na sega. Traballos que facían as mulleres cando os homes ían segar.