Entrevista nº 590

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Momento do ano no que saía para segar e lugares aos que foi (Castela a Nova). Roupa, comida e ferramentas que se levaban (cousas que se traian a Galiza). As viaxes de ida volta. Dificultades para lavarse e mudar a roupa durante as segas. Horarios de traballo. Alimentación durante as segas. División das tarefas entre os segadores. Postos que foi tendo o entrevistado dentro da cuadrilla. Salarios (diferenzas segundo o posto na cuadrilla). Cereais que se segaban. Cantidade de cereais segados ao día. Fame da Posguerra. Formación das cuadrillas. Días de ocio (18 de xullo). Lugares nos que se durmía durante as segas. Numero de homes que formaban as cuadrillas nas que foi o entrevistado. Diferenzas ente a sega en Castela e a sega en Galiza. A experiencia da do servizo militar obrigatorio. A introdución da maquinaria nos lugares de sega. Traballos que tivo alén do de segador.