Membro das Juventudes Socialistas cando comezou a guerra. Lembranzas da época da II República, como as folgas ou a actividade política. Os primeiros intres da guerra e como os viviron en Ponteareas. O encontro do seu grupiño armado coas forzas de asalto sublevadas e a súa captura. Os cárceres onde estivo preso catro anos e en distintos lugares, como Burgos ou o lazareto de San Simón. A represión trala sublevación, coa morte de varios compañeiros del nun consello de guerra. Diversos episodios da represión, mortes, malleiras, cortes de pelo ás mulleres. O perfil dos represores e dos represaliados. Os que se botaron ao monte.