Entrevista nº 78

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Militante de Falange dende os 14 anos (1934). O ambiente familiar e o ambiente político xeral. Actividades e anécdotas no local de Falange. A homenaxe ás tropas que retornaban trala Revolución de Asturias. O aumento da militancia, as actividades. A visita de Xosé Antonio. A fundación do SEU; a folga de estudantes. Os incidentes nas celebracións do 14 de abril do 35 e as detencións. As eleccións do 36 e a marcha dalgúns mandos a Portugal buscando refuxio. Os rumores do golpe. A sublevación. O alistamento para a fronte.