Muller dun militante da CNT, escapado primeiro e preso despois. Ela tamén foi detida ao atoparlle na casa o escondite onde el pasara algún tempo; a vida no cárcere; a ameaza do paseo sacándoa de madrugada do cárcere. Os rexistros e as malleiras nela e na súa nai e fillo; a intervención do comandante da Guardia Civil na súa defensa. Os paseos na zona. O estraperlo a través de Portugal para manter á familia. A vivencia das mulleres. O relato dunha violación.