Familia católica e socialista. A relación co cura. A fuxida do irmán, segredario das Juventudes Socialistas, a Cartaxena, vía Portugal, fronte á represión, logo quedará preso e en campos de traballo ata o 45. Os paseos e fusilamentos. Os rexistros na casa. A actitude das distintas forzas e autoridades. Outros casos de fuxidos. O ambiente previo á guerra; as novas dos conflictos en Madrid e en Ourense. A chegada das tropas de Ourense. O corte de pelo ás súas irmáns; as purgas con ricino. A prisión de Oseira e os frades. A detención do pai, o cuñado, e a súa propia ós 15 anos e máis a da irmá de 19. A estadía no cárcere de mulleres de Bande.