Tiroteo no comezo da guerra; primeiros asesinatos e detencións; varios relatos de feitos da represión. Opinións sobre os motivos da represión. Relato de cómo el mesmo pasou noites no tellado e entre os castelos do trigo para evitar aos falanxistas. O pai posuía dous camións e el e mais o irmán vense implicados en varios acontecementos pola requisa de autos e saber conducir. Responde, xeralmente expoñendo casos, a preguntas sobre a cronoloxia e tipoloxía da represión: paseos, torturas, violacións, humillacións, etc. facendo fincapé en que así llos contaron e na inconveniencia de identificar con nomes aos executores. Relata a súa detención e cómo lle deron aceite de ricino. Experiencias na fronte; "estranxeiros e moros". Os escapados e a guerrilla.