Entrevista nº 99

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Militante da CNT. Participa nos intentos de resistencia á sublevación coa formación de patrullas e o intento de voar unha ponte. Botará fuxido ate finais do 1945. Os compañeiros asasinados e fuxidos. Detallado relato da detención, as malleiras dos interrogatorios e o consello de guerra. O ambiente anterior a guerra; os sucesos do 1º de maio do 36 ao coincidiren as celebracións cun enterro. A requisa de armas e a detención dos curas tras un tiroteo. A queima do convento. O reparto do trigo das graneiras durante a República. A vida no monte: a fuxida só; a fuxida con outros e a guerrilla. O atraco a un comerciante de dereitas pola sospeita dunha denuncia. A represión na zona, os paseos.