Manuel Hermo Vidal, militante socialista e alcalde da Pobra é fusilado no 16 de abril de 1937 Foto sacada en Santiago ao saberse que a sentencia de morte ía ser executada. O matrimonio cos 7 fillos. Na fila de atrás comezando pola esquerda Guillermo (o irmán maior, 21 anos), á súa dereita Manuel Hermo Boo (de 14) e Maruja. Na segunda fila pola esquerda José (outro dos irmáns), Francisca (nai), Manuel Hermo Vidal (coa filla máis cativa Encarnación nos brazos), á dereita Salvador. Diante ás pernas de Francisca nai, Francisca filla Manuel Hermo Boo nace no 1922 na Pobra do Caramiñal, con 14 anos presencia o desenvolvemento do golpe de estado. Seu pai, Manuel Hermo Vidal, militante socialista (según fonte oral; según causa IR) e alcalde da Pobra, condenado a pena de morte en Compostela é fusilado no 16 de abril de 1937