Celestino Horta Resúa coa súa dona Manuela Creo. Celestino Horta Resúa, sabendo que o van matar, marcha ao monte uníndose á partida dun compañeiro seu nas minas, Varela, tamén alcumado o Curuxás. Botou tres anos no monte ata que tralo decreto de perdón para os que non mataran a ninguén, entrégase e continua a súa vida. Ao fuxir el, a súa muller Manuela Creo é levada á cadea, e o seu irmán Agustín Horta Resúa foi asasinaod no Confurco. Nesa situación os fillos quedaran solos coa tía Esperanza Resúa, a cal tamén foi golpeada.