Abdón Blanco García. Abdón Blanco García (1898, Barco de Valdeorras). Alcalde do Barco, militante de IR. Durante un tempo tivo un comercio logo adicase á representación de productos de alimentación e higiene. Tralo fracasado golpe de estado, Abdon Blanco é levado polo xefe da orde pública á cadea do partido, logo trasladado ao cuartel de Petín e logo á cadea de Ourense. En consello de guerra o alcalde do Barco é acusado de rebelión militar e condenado a morte, execución que ten lugar no Campo de Aragón o día 10 de novembro de 1936. Tamén lle van requisar os bens da familia.