Foto da familia López Quiroga. Sentados, Josefa Quiroga Losada e Germán López González. Detrás, de esquerda a dereita, José, Germán e Emilio. 1965. Germán López González, natural de Sober, membro do PSOE e da UXT en Escairón. Detido en Compostela, sufre un intento de paseo do que consegue fuxir. Tras unha tempada agachado, entrégase e pasa un ano no cárcere tras un consello de guerra. Josefa Quiroga Losada foi detida e presa na cadea de Monforte.