José Ces Caamaño, traballador na mina de San Fiz e mariñeiro foi paseado tralo golpe do 36, con aproximadamente 24 anos. Pasa uns días agochado pero volta para a súa casa. O 8 de setembro de 1936 o collen uns falanxistas e o matan no lugar dos candeleiros, entre Ponte Beluso e a Ponte da Brea.